Sinto unha curiosa admiración pol@s xornalistas musicais. Non ao xeito da protagonista de Cómo se hace una chica (Caitlin Moran, Anagrama, 2015), que aspira a converterse nunha soamente para escapar do buraco negro que é o seu Wolverhampton natal.
Si, non cabe dúbida de que consumir música, cine ou libros en versión orixinal é unha experiencia incomparable. Sempre e cando unha teña unha certa soltura no idioma en cuestión, obviamente.